domingo, 3 de abril de 2011

COPA DIPUTACION INFANTIL.

Copa Infantil: Sete equipos clasificados

Ribeiro, Ourense, Verín, Antela, Promesas, Pabellón B e Ourense C entraron en cuartos á espera da eliminatoria Pabellón C-Rúa

Rematada a primeira fase de grupos que se configuraron cos equipos da 1ª Autonómica Infantil xa temos os seis conxuntos que se clasificaron para o sorteo dos cuartos de final deste torneo: Ribeiro, CD Ourense, Verín, Antela, Pabellón Promesas e Pabellón B. A sorpresa estivo na non clasificación do Barbadás, un dos conxuntos que representará a nosa provincia na fase de ascenso á Liga Galega.

A estes equipos temos que unir ao CD Ourense C como mellor campión dos tres grupos que se configuraron cos equipos de 2ª Autonómica. O oitavo equipo que configurará os cuartos de final sairá da confrontación entre Pabellón C e Rúa, campións dos outros dous grupos da división de prata. Estes conxuntos terán que xogar unha eliminatoria a partido único.

INFANTIL "C"

INFANTIL "A"


Dos equipos del club en la siguiente fase de la copa.



*Noticia Web del Pabellon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario